ESTE PROXECTO FOI RECENTEMENTE PREMIADO POLO ORGANISMO "ESCOLA VIVA" PERTENCENTE Á UGT. PRIMEIRO PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.
Proxecto orixinado no curso 2019/20 que consiste en aprender - investigando, en concreto cunha recolleita de patrimonio dos tres concellos aos que pertence o noso alumnado: A Lama , Ponte Caldelas e Fornelos de Montes. Son tres os concellos implicados así como son tres as materias que xestionan este proxecto: Ciencias Sociais, Tecnoloxía e Lingua Galega. A metodoloxía que escollemos é a Hiper-aula porque nos permite flexibilidade á hora de deseñar as actividades educativas.
Hórreos da Barcia do Seixo, A Lama Equipo "O Seixo"
Patrimonio:
Toda comunidade xenera un patrimonio como resposta concreta de adaptación ao medio no que vive. Os pasos dos ríos axudaron a cruzar o fluxo da auga, os hórreos foron construidos para poder conservar os cereais nas propias condicións climáticas e as levadas levaban a auga ao muiño para moelos. Estes obxetos que perduran no tempo gracias aos materiais utilizados, conteñen unha carga simbólica, son unha porta hacia o pasado e nos permiten crear vínculos cos nosos ancestros.
Debuxo realizado polo equipo de Ponte Caldelas.
Fotos antigas de familias de alumnado do IES. Na esquerda en Fornelos de Montes, a dereita en Parada, Ponte Caldelas.
¿Porqué educar no patrimonio e na paisaxe?
Porque nos fai máis felices e solidarios.
Para recoñecer a paisaxe no seu aspecto cultural.
Para valorar e respetar aos habitantes nos seus espacios vivos.
Para salvagardar os bens patrimoniais.
Para crear vínculos entre o ben cultural e as persoas do seu entorno.
Para fortalecer a identidade e o aprecio entre os bens de patrimonio e a sociedade.
Porque afianza á xente aos seus territorios.
Foto antiga en Cerdedo.
¿Cómo imos coidar do patrimonio local se tan sequera o coñecemos?
Ponte medieval do río Almofrei by isajack on Sketchfab
Con fotogrametría creamos modelos en tres dimensións a través dun conxunto de fotografías dos elementos patrimoniais. Precísanse realizar imaxes de todas as partes do elemento, procesalas con programas específicos, Metashape e Blender, para finalmente subir á rede na aplicación de sketchfab.
É importante crear un vínculo entre o ben cultural e as persoas do seu entorno, que o alumnado se identifique e apropien de él como seu.
O noso patrimonio é a nosa cultura e a nosa historia.
Achégate mais a nosa web e pasa ao seguinte apartado: O Patrimonio como recurso educativo
AUTORÍA DO PROXECTO
Isabel Torres Jack, Profesora de Tecnoloxía do IES de Ponte Caldelas
Susana Trigo Arcos, Profesora de Ciencias Sociais do IES de Ponte Caldelas
Sabela Otero Gago, Profesora de Lingua Galega do IES de Ponte Caldelas
3ºESO curso 2019/20
AUTORÍA DA WEB
Isabel Torres Jack, profesora de Tecnoloxía do IES de Ponte Caldelas
Todas as fotografías están protexidas con copy-right,
Esta página web ha sido creada con Jimdo. ¡Regístrate ahora gratis en https://es.jimdo.com!