Avaliación do proxecto

Rematado o proceso expoñemos os resultados da auto-avaliación feita na derradeira reunión de Hiper-aula.

 

Reunións de coordinación: As reunións que coordinan ao profesorado implicado son precisas e debian contar cunha hora semanal para cumplimentalas. Tres grandes reunións son necesarias, unha inicial para definir e programar as sesións, unha na metade para valorar os progresos e axustar tempos (no noso caso foi necesario un axuste de tempos debido á abundante chuvia acaecida no mes de novembro que impedía saír a recoller camiños ou tirar fotos dos elementos patrimoniais ou facer as entrevistas ás familias ou veciños) e, por último, unha reunión preto do fin do proceso para concretar os criterios de avaliación que, por suposto, se lle transferían aos equipos para que redefiniran o seu traballo e conseguiran maior nota. 

 

Rendemento das Hiper-aulas co alumnado: Cando coincidían as tres horas de teoria seguidas detectábamos certos problemas de concentración, recoméndase a introducción de xogos polo medio. 

En relación ao deseño das aulas: No salón de actos e cos tres grupos xuntos é imposible o debate, únicamente se pode usar para dar instruccións e ilustrar acerca das técnicas de entrevistar coa mostra de videos ou ilustrar acerca de outras recollidas de patrimonio como películas "O carro e o home" de Xaquin Lourenzo. 

Na fase de introducción de datos e elaboración de material, redacción, debuxos... na sala de ordenadores o espacio quedaba un pouco escaso e o alumnado precisaba descanso en cada cambio de sesión e deixalos sair un cachiño por fora. 

En conclusión: elaborouse un material moi proveitoso publicado nesta web, o alumnado aprendeu a valorar o patrimonio da súa comarca utilizando unha metodoloxía moi innovadora con poucos recursos.