PATRIMONI...ANDO : Proxecto que se realiza no curso 2019/20  no IES de Ponte Caldelas

O Patrimonio como recurso educativo


Qué imos facer co Patrimonio?

Vainos server para implicar ao alumnado co seu entorno. O obxetivo é que se acheguen á súa cultura, que a recoñezan e valoren a súa conservación. A nosa proposta é facer traballos por equipos de 3 ou 4 alumnos/as. Os equipos fanse con diferentes criterios de achegamento: cercanía da vivenda ou da vivenda dos abos ou cercanía emocional cun territorio por outras causas. O traballo de investigación que lles propoñemos sobre o Patrimonio consiste en identificar os elementos patrimoniais tanto materiais como inmateriais nos tres Concellos aos que pertenecen: A Lama , Fornelos de Montes e Ponte Caldelas.

É no proceso de detectar estes elementos patrimoniais, materializalos e plasmalos nunha aplicación interactiva onde se adquiren as habilidades, coñecementos e valores obxectivos do proxecto.

Metodoloxía: Hiper-aula. 

 

Consiste en romper un pouco coas aulas de 50 minutos xuntando nun mesmo espacio varias clases con súas respectivas profesoras para deseñar e aplicar distintas actividades. Solicitamos á dirección que nos xuntasen as horas de tres materias un día da semana: Tecnoloxía, Lingua Galega e Ciencias Sociais. Solicitamos ter dispoñibles o salón de actos, para poder estaren todos xuntos en Gran grupo e ter dispoñible, asimesmo, a sala de ordenadores para traballar en Equipos colaborativos. Bibliografía

 

Debuxo realizado polo equipo Carrizans, A Lama


Gran grupo:

Xuntámonos no salón de actos con todo o alumnado en varias ocasións. 

Na sesión inicial onde describimos o proxecto e os obxectivos. Nas sesións finais onde expoñen os resultados dos traballos aos compañeiros. E algunha intermedia con películas, debates ou talleres de toponimia.

 

 

Alumno buscando nos mapas o seu pobo, mostrando cómo se pode traballar cos mapas do IGN.

Traballos en equipo cooperativo: Os grupos traballan o proxecto de investigación buscando información, tanto en internet como na bibliografía que se lles aporta. Comparan mapas de distintas épocas e analizan as diferencias. Preparan a labor de campo, as preguntas e os elementos patrimoniais destacados. Consultan diferentes fontes: Patrimonio.net, mapas IGN, Visor Xeográfico da Xunta e webs variadas. Despois de recoller información na súa comarca a envorcan na aplicación interactiva para su posterior presentación de novo en gran grupo.

Esta presentación faise na sala de ordenadores, onde dispoñemos de 30 ordenadores para os 18 equipos nunha sala doble cunha pequena biblioteca no centro que nos serve de sala de reflexión ou para consultar bibliografía ou para facer os debuxos dos elementos patrimoniais.

Permítese traballar cos móbiles, traer fotos para pasar ao ordenador con cable, pasar con wifi ou nun pen drive. Un dos obxetivos é que manexen a información, as imaxes e os videos con soltura.

 Bibliografía

 

 

 

 

Que aportan as tres materias?

A Tecnoloxía: 

Habilidades para identificar os elementos patrimoniais e representalos por medio de imaxes, debuxos ou 3D.

Habilidades para envorcar toda a información nunha aplicación interactiva e presentala de xeito vistoso sendo recomendable o uso de enlaces.

Habilidades para un correcto manexo da información, textos, videos ou imaxes, utilizando os medios tecnolóxicos dispoñibles. Códigos QR.

 

 Debuxo realizado polo equipo do Seixo, A Lama

A Xeografía e Historia

O análise dos mapas que nos proporciona o IGN permite visualizar os diferentes usos do solo e a ocupación de vivendas destes lugares pertencentes ao medio rural.

As comparacións cos mapas do voo americano dos anos cincuenta e os mapas máis actuais nos aportan información sobre o uso do territorio.

Nos interesa que sexan conscientes da cantidade de información que nos proporcionan os mapas e saiban manexalos, descargalos e enlazalos.

Mapas utilizados:

A Lingua Galega:

Recollida de léxico que non se use ou esté a piques de desaparecer.

Recollida de lendas, tradicións, festas, historias que demostren a gran riqueza oral da contorna. 

Promover no alumnado o interese sobre o léxico tradicional, sobre o galego e de xeito xeral sobre a cultura local e tradicional.

Procurarase a inmersión dos participantes na cultura tradicional e a súa interacción coa veciñanza na procura de léxico herdado sobre usos e nomes tradicionais como toponimia, refraneiro, literatura popular e crenzas.

Outro obxectivo é documentar os resultados da actividade coa incorporación de tecnoloxías da comunicación e da comunicación vinculadas á xestión da información no relativo á gravación e difusión de entrevistas con informantes, youtube ou vimeo. Así como rexistrar os topónimos e microtopónimos en google maps ou aplicacións como "Galicia Nomeda".

 



Pasa, se desexas, ao seguinte apartado da web : A función educativa