A labor do profesorado

Na hiper aula o labor do profesorado é deseñar actividades que fagan que o alumnado estea motivado e descubra por si mesmo o método de recollida do patrimonio, tanto material como inmaterial. E nese proceso de descubrimento é onde adquiren os coñecementos e habilidades que lles van permitir estar capacitados para enfrentarse a calquera outro tipo de investigación. O noso labor é servir de guía e asesorar nas ferramentas a utilizar como: mapas do IGN, Visor Xeográfico da Xunta, aplicacións como Genially con contidos interactivos, tendo sempre clara a metodoloxía de traballar en equipo e a valoración do patrimonio como obxetivo principal.

Foron precisas reunións de coordinación entre o profesorado para decidir a estructura e o contido  de cada sesión, sempre tendo en conta a observación e o guiado dos traballos dos equipos que, por suposto, ían a diferentes ritmos.

 


a implantación dO Proceso

En varias sesións conxuntas iniciais en "gran grupo" fomos indicando os seguintes conceptos e presentando as seguintes ferramentas:

CONCEPTOS

-A definición de Patrimonio, tanto material como inmaterial. Video catedral

-O método de investigar en equipo. Recorremos a exemplos de traballos de recollida de patrimonio xa feitos no centro como  "Os pasos no río Verdugo" 

FERRAMENTAS

-Presentámoslles aplicacións interactivas como Genially para que utilizaran de referencia como unha aplicación on line onde envorcar a recolleita do traballo de campo.

-Utilizamos videos de entrevistas ás avoas elaborados por alumnado do centro noutros cursos, que axudaron a entender a idea da "paciencia" como concepto nas entrevistas. 

-Utilizamos videos de etnografía galega como "O carro e o home" de Xaquin Lourenzo para ilos introducindo no concepto de recollida etnográfica.

-Repartimos "in extremis" unha ficha de apoio á recollida de léxico onde se presentaron preguntas que servisen de guía nas entrevistas cos avós/avoas e veciños, os "informantes".

 

A mensaxe sempre foi clara: temos un patrimonio herdado dos nosos ancestros dunha riqueza impresionante, hai que protexelo e valoralo.

 


Debuxos realizados  polos equipos de Forzáns e Tourón de Ponte Caldelas                                              


a proposta

A proposta do traballo que lles fixemos máis concretamente foi:

Investiga o patrimonio da túa contorna, ou no pobo onde vive algún avó ou avoa, en equipo con outros 2 ou 3 compañeiros/as, analizando os seguintes puntos:

-Analiza a paisaxe, a ordeación do territorio e os cambios que se poden interpretar a partir dos mapas do IGN,  comparando por épocas. (Aportacións á materia de Ciencias Sociais)

-Recolle léxico relacionado coa vivenda antiga, a contorna da vivenda, os utensilios utilizados ou léxico de camiños. Ficha creada

-Recolle lendas, ditos, contos que se usaban para interpretar os sucesos da vida. (Aportacións á materia de Lingua Galega)

-Identifica os elementos patrimoniais significativos do teu pobo como cruceiros, petos, pasos do río, calzadas, hórreos, petróglifos, chozos, levadas, muíños.  Represéntaos con debuxos, fotos ou 3D. 

-Envorca todo ese material recollido nunha aplicación interactiva ben organizada con enlaces que permitan facer unha exposición final que luza o esforzo realizado. (Aportacións á materia de Tecnoloxía)


o proceso

 

 

 

 

Deixamos varias sesións de hiper aula para elaborar os traballos. Coincidiu cunha época de moita chuvia, así que non foi doado tirar as fotos. Pero despois dun tempo, empezamos a visualizar os resultados. Víamos entrevistas aos avós, montaxes de videos, fotos de hórreos, de cruceiros e debuxos.

Así que insistimos na necesidade de seren coidadosos na elaboración de todo ese material e comezaron a envorcalo na aplicación interactiva. Debía  haber enlaces que nos levaran a máis información, ou a debuxos ou imaxes dos elementos ou enlazar o índice. 

 

 

 

Debuxo realizado polo equipo de Tourón, Ponte Caldelas

FOTOS DURANTE O PROCESO DE ENVORCADO DA INFORMACIÓN RECOLLIDA EN CAMPO POLOS EQUIPOS NA AULA DE ORDENADORES


Enlaza se desexas pasar ao seguinte apartado de Resultados