RESULTADOS DOS TRABALLOS DE RECOLLEITA


EXPOSICIÓN DOS TRABALLOS POR EQUIPOS

 

Despois do duro traballo de preparación, recolleita e posterior envorcado do material na aplicación, o proceso posterior é o de expoñer todo o aprendido ao resto do grupo demostrando que o método foi adquirido con suficiencia. Proxéctase o Genially en pantalla e van explicando os mapas da súa zona, os elementos patrimoniais descubertos, contos e lendas máis o léxico rescatado. Nestas imaxes vemos dous grupos nesta fase de exposición, o da esquerda está a expoñer os mapas de Carrizans, A Lama  e o da dereita un elemento patrimonial como é un cruceiro e un camiño na zona de Parada, Ponte Caldelas.

 

Finalmente e antes de rematar a exposición teñen que explicarnos qué foi o qué lles gustou deste proxecto e qué aprenderon. En xeral pódese dicir que coinciden no descubremento que foi charlar cos seus avós sobre cómo vivían no pasado. Sorprendéronse do diferente que era a vida cando seus avós eran xóvenes. 

 

AQUI presentamos OS TRABALLOS DE RECOLLIDA de todos os equipos:

analizando máis polo miudo os traballos de investigación


Neste apartado imos mostrar algún contido dos traballos de investigación que nos permitan demostrar o proceso levado a cabo. Analizaremos as dificultades que tivemos no proceso e os resultados positivos.


DENDE CIENCIAS SOCIAIS


INTERPRETACIÓN DOS MAPAS

Tratábase de que conseguiran interpretalos marcando as diferenzas ao longo dos últimos cincuenta anos. Interesaba, sobre todo, explicar onde estaban os camiños de antes e as estradas de agora. Cómo o monte baixo foi sendo substituído por muíños aeroxeneradores e as terras de cultivo abandonadas ou arboradas. Pensamos que non chegaron a alcanzar os obxectivos previstos, que lles faltou profundidade na análise.

Vexamos algúns exemplos:


DENDE TECNOLOXÍA


ELEMENTOS PATRIMONIAIS

Quedaron representados a maioría dos elementos patrimoniais, tanto con debuxos como por imaxes.

Da prehistoria: CASTROS e PETRÓGLIFOS

Da Galicia máis posterior: MUIÑOS, CRUCEIROS, CHOZOS, PASOS DO RÍO, LAVADOIROS, LEVADAS, PETOS DE ÁNIMAS, PONTES e HÓRREOS

Definiron correctamente o uso e o estado destes elementos. En ocasións conseguiron tirar as fotos eles mesmos, inda que en outras tiveron que recurrir ás imaxes que proporciona internet. En canto á orixen das imaxes solicitámoslles que especificaran a procedencia destas mais non sempre se recordaron.

Tivemos elementos representados en 3D a modo de exemplo. Está previsto que se preparen neste tema da fotogrametría e apoien este traballo o alumnado de Tecnoloxía de 4º.

Expoñemos, seguidamente , un exemplo de elemento representado en 3D incluído no traballo do equipo de Ventín, Fornelos de Montes, onde se visualiza, gracias á fotogrametría, unha casoupa difícil de datar polos expertos situada nas costas do río Alén. 

 

 


IMAXES DE ELEMENTOS PATRIMONIAIS RECOLLIDOS DOS CONCELLOS DE A LAMA, FORNELOS DE MONTES E PONTE CALDELAS ( e un de Cotobade)

 

 

Modelos en tres dimensións realizados polo alumnado de 4º da ESO Tecnoloxía.


DESDE LINGUA GALEGA


LÉXICO RECOLLIDO NAS DISTINTAS POBOACIÓNS

 

Con respecto ao léxico foi necesario proporcionarlles unha batería de preguntas para guialos nunha actividade que nunca fixeran previamente. Utilizaron estas cuestións para entrevistar aos informantes. Esta foi a parte máis emocional que os conectou cos seus avós e avoas, as entrevistas permitiron que se falase entre xeneracións de temas que non son os habituais, enriquecéndose culturalmente dentro da familia. Recuperaron certo léxico que vai ser dificil voltar a usar xa que os entornos nos que se utilizaban mudaron. Mais algo quedará na memoria...

 

 



LENDAS E CANTIGAS


Toda a comarca é moi rica en lendas e cantigas. Temos un montón de tradición oral para recuperar. Isto soamente é un exemplo do que se pode recoller nestes tres concellos. Hai lendas relacionadas coa morte ou coas pedras do monte. As cantigas cantábanse nas foliadas e estaban relacionadas sempre cos traballos comunais do campo. 



E PARA CONCLUIR AGRADECEMOS A :

Os/as informantes: Son os/as verdadeiros/as protagonistas desta historia. Sen eles non teriamos recollido tanta sabiduría. Son veciños e familiares do alumnado que contestaron moi gustosamente ás cuestións propostas.

O noso maior agradecemento a elas e a eles: Rosa e Pepe da Barcia, Concha do Cernedo, o avó de Iago de Cuñas, a señora Carmen de Borela, José Pepe de Chaín...