O proxecto do "Monte Vivo" resultou premiado na convocatoria do curso 2018/19 convocada polo Plan Proxecta da Xunta de Galicia en Innovación Educativa. Imos recibir un accesit con 1000 euros de premio. Elaboramos, a solicitude dos organizadores do acto de entrega de premios, un video que explica as actividades realizadas polos diferentes departamentos tendo como finalidade a custodia do territorio que nos rodea e a concienciación entre o alumnado da importancia da biodiversidade frente ao monocultivo como defensora dun territorio protexido frente ao lume.
O video podémolo visionar aqui:
Na web de "O Monte Vivo" podes visualizar todas actividades relacionadas co proxecto.
AUTORÍA DO PROXECTO
Isabel Torres Jack, Profesora de Tecnoloxía do IES de Ponte Caldelas
Susana Trigo Arcos, Profesora de Ciencias Sociais do IES de Ponte Caldelas
Sabela Otero Gago, Profesora de Lingua Galega do IES de Ponte Caldelas
3ºESO curso 2019/20
AUTORÍA DA WEB
Isabel Torres Jack, profesora de Tecnoloxía do IES de Ponte Caldelas
Todas as fotografías están protexidas con copy-right,
Esta página web ha sido creada con Jimdo. ¡Regístrate ahora gratis en https://es.jimdo.com!